Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
OFERTA CULTURAL

Como pasar un Nadal diferente

As Maribolheras Precárias e a Fundaçom Artábria danlles a volta ás tradicións natalicia

Redacción - 17:26 21/12/2007

Aínda que as festas do Nadal son, posibelmente, unhas das celebracións máis cheas de tópicos e de clixés, hai varios colectivos do país que se esforzan cada ano por organizar actividades alternativas, nalgúns casos paródicas. É o caso, por exemplo, de Maribolheras Precárias, da Coruña, que volven celebrar o seu Maribingo anual: unha festa presentada por La Talibana e Pia de Tolomei que contará coa actuación estelar de Tabata La Nuit.

O Maribingo das Maribolheras terá lugar o xoves 27 ás nove e media da noite no Garufa, e é obrigatorio asistir de 'etiqueta perralheira'. E, como mostra de que estas datas tan entrañábeis son o momento máis axeitado para as mensaxes institucionais, Pia de Tolomei ofrece a súa tradicional Mensaxe da Raíña:



Diferentes centros sociais de Galiza ofrecen tamén programacións que se saen do común nunhas datas cheas de papás noeis e de centros comerciais ateigados. Así, por exemplo, a Fundaçom Artábria presenta o concerto de Som do Galpom, o 22 de decembro; a emisión en directo dos partidos da selección o xoves 27; a segunda festa de karaoke Sing Star, o 28, a actuación de Machina, o 29, e, para rematar o ano, a Festa Hortera de fin de ano, a noite do 31 ao 1, con cotillón, sorpresas e a actuación de Grekas Maiden.


4,8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cartaz da Viragem de Ano de Artábria
Cartaz da Viragem de Ano de Artábria
Cartel do MariBingo das Maribolheras
Cartel do MariBingo das Maribolheras