Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
A ENTIDADE ORGANIZA PROXECCIÓNS DE VÍDEO, FESTAS E CONCERTOS

A Fundaçom Artábria prepara un nadal cheo de actividades

A Fundaçom Artábria, de Esteiro, Ferrol, comeza o xoves 8 a súa axenda de actividades do mes de decembro. Ese día, ás sete e media do serán, celebrarase un vídeo fórum sobre o lume en Galiza, coa proxección do vídeo Voluntárias e un debate no que intervirá xente que participou na extinción de incendios no verán e mais un membro de Adega-Trasancos. A programación audiovisual continuará o venres 22 de decembro, cun ciclo de cinema infantil. Os cativos asistirán ás sete do serán ao pase do filme Formiguinhaz. Unha semana máis tarde, proxectarase O gato.

- 13:09 07/12/2006
Tags:

Artábria tamén organiza este mes varias festas. O sábado 9 ás dez, Festa Ska, con Dj Costrojam; o venres 15, o colectivo OPAII! vai celebrar a presentación do novo dial da emisora libre Rádio Filispim; na madrugada do domingo 24, a asociación dará unha festa alternativa á noite do nadal, e, a semana seguinte, unha de despedida do ano á que non se terá que ir de traxe.

No que respecta á parte musical, a Fundaçom Artábria acollerá o sábado 23 ás dez da noite un concerto do grupo Zënzar, que vai presentar o seu último traballo Sigue... e dálle. Na véspera de fin de ano, organizarase a derradeira repichoca do 2006. A agrupación tamén vai ofrecer, en colaboración con Siareir@s Galeg@s, a retransmisión do partido da selección galega o xoves 28, a partir das nove, para todos aqueles que non poidan acudir a Riazor. A axenda de actividades complétase coa presentación da plataforma cidadá Que voltem a casa!, o mércores 13 ás oito e media, e co Roteiro Ártabro, o sábado 16, dende as nove da mañá, no que se camiñará dende o Pieiro ata o Cabro Prioiro.


0/5 (0 votos)