O 'lehendakari' reitera a súa oposición á aplicación da Lei de Partidos, mentres confesa non pensar a súa defensa para o xuízo do Tribunal Superior.
Ibarretxe, no Alderdi Eguna deste ano
O lehendakari, Juan José Ibarretxe, amosou a súa oposición ao xuízo a EKIN, KAS e XAKI, e dixo que non existen "principios xurídicos" para a sentenza da Audiencia Nacional. Ibarretxe incidiu na idea de que "ilegalizar ideas ou partidos non é o camiño para lograr a paz", en referencia á Lei de Partidos.
Para o presidente do goberno vasco, "na política as cousas gáñanse nas urnas, e con Batasuna deberiamos facer o mesmo".
Causa aberta
Tamén falou o lehendakari da causa aberta contra el polo Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSXPV) por se ter reunido con dirixentes de Batasuna. "É doloroso loitar contra a inxustiza", afirmou, pero dixo que non lle preocupa ser xulgado, senón "poder facer política". En declaracións a ETB-1 recollidas por Europa Press, explicou que non pensa na súa defensa no xuízo do TSXPV.