Porén, o fiscal matiza que non sabe se finalmente vai ser acusado no xuízo.
O alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, continúa como imputado na trama de corrupción urbanística enmarcada na investigación policial Operación Virgin, aínda que o fiscal matizou que non sabe se finalmente vai ser acusado no xuízo.
Barcia prestou declaración este mércores, durante máis de tres horas, por un presunto delito de prevaricación no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Ferrol, dende as 10.30 horas até perto das 14.00 horas. Durante a comparecencia estiveron presentes os avogados defensores dos demais imputados.