Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Primeira reprobación a unha ministra

O PP gaña a votación contra Magdalena Álvarez pero converte o pleno nun tirapuxa cos nacionalistas

Malia as súas críticas á titular de Fomento, os grupos cataláns decidiron non apoiar unha iniciativa cualificada de "electoralista" e "mal proposta".

Redacción - 09:00 19/12/2007

"O PP non está libre de pecado para tirar a pedra da reprobación", recordou Lluís Aragonés, senador da Entesa catalá, ao tempo que explicaba por que o seu grupo se ía abster na votación deste martes no Senado. "Non teñen nin autoridade nin lexitimidade para falar do tema", engadiu ao respecto o senador Jordi Guillot.

Así, mentres o PP trataba de rendabilizar a belixerancia esgrimida nos últimos tempos por ERC ou CiU contra a ministra de Fomento, quedábase só na votación sobre a reprobación á ministra. Así e todo, os votos dos senadores populares foron abondo para que saíse adiante: 120 a favor, os do PP máis un de CiU, 116 en contra, os do PSOE, PNV, varios da Entesa e do Grupo Mixto, entre eles os do nacionalista galego Francisco Jorquera, e 14 abstencións, Coalición Canaria, CiU e parte da Entesa.

Pero paradoxalmente, o centro do debate virou desde as políticas de Fomento ao desenvolvemento do Estatut catalán, e máis en concreto, ao recurso presentado polo PP diante do Tribunal Constitucional. Na acusación de "electoralismo" ao PP, os voceiros de CiU e da Entesa Catalá sostiveron que o déficit de investimentos en infraestruturas que acumula Cataluña é atribuíbel tamén aos gobernos do PP. Así, na presentación dunha emenda de substitución á moción do PP, pedían que o Senado recoñecese ese déficit de investimentos e chamaban ao PP a quitar o recurso contra o Estatut.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: