Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estados Unidos

New Jersey, primeiro estado que revoca a pena de morte en 30 anos

O Senado da rexión estadounidense aprobou con 21 votos a favor e 16 en contra trocar a pena capital pola cadea perpetua, que agarda aprobe amplamente a Cámara Baixa.

Redacción - 13:40 12/12/2007
Jon Corzine, gobernador de New Jersey

Jon Corzine, gobernador de New Jersey

O Senado do estado de New Jersey (EUA) aprobou este martes con 21 votos a favor e 16 en contra trocar a pena capital pola cadea perpetua, sen posibilidade de liberdade condicional para os casos máis graves.

O resultado deberá ser ratificado esta quinta feira pola Cámara Baixa, que se agarda o respalde amplamente. Posteriormente, a nova lei seralle trasladada ao gobernador do estado, Jon Corzine, para que a rubrique no mes de xaneiro.

Dende que en 1976 o Tribunal Supremo dos Estados Unidos permitise volver executar presos, o país norteamericano converteuse nunha das poucas democracias occidentais que aínda condenan á pena capital os acusados de cometeren algún crime.

O 91% das execucións que se levaron a cabo en 2006 tiveron lugar en EUA, Iraq, Irán, China, Sudán e Paquistán. No país norteamericano, 37 dos 50 estados que o compoñen, contemplan a pena de morte nas súas lexislacións.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: