Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Centenario do Himno

O vicepresidente da República de Cuba recibe a Pérez Touriño

O presidente do Goberno inicia este venres a súa visita oficial a Cuba coa intención de estreitar lazos entre o pobo galego e o cubano.

Redacción - 12:40 07/12/2007
Touriño, con Fernández, á súa chegada a La Habana

Touriño, con Fernández, á súa chegada a La Habana

O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, sinalou á súa chegada a La Habana, que a viaxe oficial que desenvolverá durante dous días en Cuba (consultar axenda, ao pé desta noticia) servirá para estreitar lazos entre o pobo galego e o cubano.

"Traio un saúdo do noso pobo ao pobo cubano", expresou Touriño á súa chegada ao aeroporto internacional José Martí, onde foi recibido polo vicepresidente da República de Cuba, José Ramón Fernández, e polo embaixador español neste país, Carlos Alonso Zaldívar.

O presidente salientou que a conmemoración do centenario do Himno de Galiza é o motivo fundamental desta viaxe oficial. Neste senso, Touriño lembrou que "soou por vez primeira en La Habana en 1907".

"Vimos conmemoralo, para que o Himno soe dende La Habana en todo o mundo", engadiu o xefe do Executivo. Na delegación viaxa tamén a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, e representantes dos tres grupos da Cámara.

Pérez Touriño manterá este venres unha xuntanza con empresarios galegos na illa onde coñecerá a situación dos intereses económicos da comunidade e que servirá para estabelecer novos vínculos de cooperación.


Documentos

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: