Convocan unha concentración de protesta ás 18.00 horas diante da comisaría de Policía da rúa López Mora, onde están confinados.
Catro persoas foron detidas esta quinta feira ao termo da manifestación que convocou Causa Galiza en contra da constitución española.
Aínda que polo momento se descoñecen os motivos, o feito podería estar relacionado coa queima dunha imaxe do xefe do Estado Español, o monarca Juan Carlos de Borbón, unha vez rematou o acto.
O avogado Guillermo Presas está a lles prestar os seus servizos aos detidos, catro mozos do Condado (S.M.R, C.M.I., C.P.N. e A.B.E.) de NÓS-UP, segundo informou esta organización, que están retidos na comisaría de Policía da rúa López Mora. Para as 18.00 horas está convocada unha concentración de protesta fronte a mesma.