A conselleira asegura que se están a poñer todos os medios materiais e humanos.
A chegada do Tren de Alta Velociadade (TAV) a Galiza monopolizou este mércores parte do debate no Parlamento. Nunha contestación aos populares, a conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, sinalou que a Xunta segue confiando en que a nova infraestrutura estea rematada nun prazo de cinco anos.
Caride subliñou que o goberno español “está poñendo os recursos orzamentarios, materiais e humanos para que se poida materializar” en 2012. A conselleira acusou aos conservadores de “proxectar unha visión catastrofista”
Mais no Parlamento tamén houbo discusión arredor da figura da ministra de Fomento, Magdalena Álvarez. O deputado popular Alejandro Gómez Alonso criticou a actitude do Bloque con respecto á reprobación da ministra.