Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AXUDAS AOS CONCELLOS

Vivenda disporá un millón de euros máis para erradicar o chabolismo

O Consello da Xunta aprobou aumentar de 700.000 a 1.100.000 euros o orzamento da consellaría para 2007.

Redacción - 19:00 29/11/2007

A Consellaría de Vivenda e Solo incrementará en algo máis dun millón de euros o orzamento destinado á concesión de subvencións a fondo perdido para a erradicación do chabolismo. Os 1.100.000 euros de incremento aprobounos este venres o Consello da Xunta, o que supón un 157% máis do inicialmente previsto, que eran 700.000 euros.

Deste xeito, Vivenda contará con 1,8 millóns de euros para investir con cargo ao orzamento de 2007 para concederlles aos concellos axudas para erradicar as infravivendas. No que vai de ano, a consellaría asinou convenios de colaboración cos executivos de Lugo, cunha axuda de 222.300 euros, e Poio, con 669.806.

A liña de axudas protexe actuacións de promoción e adquisición de vivendas por parte de concellos, doutros promotores públicos e dos mesmos chabolistas, e mais a subvención de alugueres para o seu realoxamento. A subvención de Vivenda pode acadar o 80% do custo de adquisición de vivenda nova ou usada para concellos de menos de 50.000 habitantes e de até o 65% nos de maior tamaño. A mesma porcentaxe dáse para as axudas ao realoxamento, cun límite de 300 euros por vivenda.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: