Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
NO CENTRO SOCIAL A ESMORGA

Colectivos ourensáns miden os seus coñecementos no concurso Planeta NH

Seis equipos competirán o venres na cuarta edición do xogo sobre lingua e cultura lusófonas.

Redacción - 13:00 29/11/2007

O centro social A Esmorga, de Ourense, vai desenvolver esta sexta feira a cuarta edición do concurso Planeta NH, un xogo de preguntas relacionadas coa lusofonía co obxectivo de mellorar os coñecementos culturais e lingüísticos dos participantes.
Despois do éxito das anteriores edicións, seis equipos representativos doutras tantas asociacións ourensás daranse cita ás nove e media da noite no centro social para mediren o seu grao de coñecemento perante a presenza de Valentim R. Fagim, que fará o labor de animador. Xa confirmaron a súa participación Galiza Nova, Algaravia, Comissão de Denúncia, Verdegaia, Agal e MDL.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: