A Esmorga, Amigos da Terra, Esquerda Unida, Semente e Verdegaia decidimos apostar, neste ano que acabamos de estrear, por comezar de forma contundente coa difusión da agroecoloxía como forma de vida tanto para consumidoras/es como para productoras/es.
Comezar o ano cunhas xornadas como as que agora presentamos non é máis ca unha declaración de intencións do traballo que pretendemos levar a cabo o resto do ano, e tentamos conglomerar en 10 días diversas actividades que nos sirvan para achegarnos máis ao mundo da agricultura e gandería ecolóxica. Conscientes de que existe unha necesidade manifesta de ofrecer información e experiencias dentro deste sector de cara á sociedade, co obxectivo principal
Queremos resaltar da agroecoloxía o seu potencial transformador da sociedade na que vivimos, xa que supón actuar de forma activa contra un modelo de producción agrícola e gandeira intensiva e aberrante, potenciada por intereses económicos e comerciais insensibles á calquera consideración de saúde pública, de benestar animal ou de respecto ao medio natural.
A Agroecoloxía aséntase nas relacións de confianza entre o colectivo que produce e o que consume, substituíndo as relacións meramente comerciais entre eles ademais de potenciar ao pequeno/a productor/a local. Impulsar este sector poñería freo á expasión das grandes superficies comerciais apiadas na política do consumo insustentable.
Propoñemos entón unha serie de palestras, mesas redondas, actividades formativas e video-fórums para achegarnos máis a este mundo e facernos máis partícipes do mesmo.
11 de xaneiro (xoves): Vídeo-foro "Bienvenidos o Paraíso: milagro almeriense" (vídeo sobre os impactos sociais e ecolóxicos da agricultura almeriense), dinamizado por Xavier Simón. Ás 20.30 h n'A Esmorga.
12 de xaneiro (venres): Vídeo-foro "El oro verde" (video sobre transxénicos, patentes, biodiversidade, movementos campesiños, etc...), dinamizado por César Lema. Ás 20.30 h no Trampitán.
13 de xaneiro (sábado):
• Mañá: Dinámicas medioambientais impartidas por Lito (Verdegaia). Ás 11:30 horas na Escola de Baile.
• Tarde: Palestra de Xosé Manuel Beiras. Ás 19.30 h no salón de actos da Facultade de Ciencias (edificio politécnico)
Inauguración das Xornadas. Ás 21 h n'A Esmorga.
14 de xaneiro (domingo):
• Mañá: Dinámicas medioambientais impartidas por Yolanda. Ás 11:30 horas na Escola de Baile da Deputación de Ourense. Centro Cultural Xaquín Lourenzo
• Tarde: Mesa redonda de consumidores/as (Manuel Garrido, "Arbore"), productores/as (Charo) e distribuidores/as (Manuel, "Labregos Daiquí"). Ás 19.30 h na Antigua Social Club.
15 de xaneiro (luns): Obradoiro de compostaxe a cargo de Amig@s da Terra. Ás 20 h na Casa da Xuventude.
16 de xaneiro (martes): Obradoiro de papel e xabón I impartido por Nuria (Verdegaia). Ás 20 h na Casa da Xuventude.
17 de Xaneiro (mércores): Obradoiro de papel e xabón II impartido por Nuria (Verdegaia). Ás 20 h na Casa da Xuventude.
18 de xaneiro (xoves): Palestra de Xan Pouliquen. Ás 20.30 h no Ateneo Ourensán.
19 de xaneiro (venres): Obradoiro para a maduración dun proxecto cooperativo de consumo consciente (Sinerxia, A Xoaninha, Arbore e Briante). Ás 18.30 h na Facultade de Ferro.
20 de xaneiro (sábado):
• Mañá: Curso de Cociña (*). Ás 11:30 horas na Esmorga
• Tarde: Video-foro "A Tornallom" (video sobre a loita pola conservación da horta valenciana na Punta), dinamizada por Carmen González (presidenta da asociación de veciñ*s "La unificadora" de la Punta) e Enric Peris (correalizador e veciño de la Punta). Ás 20.30 h na A Esmorga.
21 de xaneiro (domingo):
• Mañá: Curso de Cociña (*) (pendente de confirmación). Ás 11:30 horas na Esmorga.
• Tarde: Mesa redonda Productores (APEGA, Cume do Avia e Biocoop). Ás 19.30 h no Auriense.
Durante as Xornadas haberá unha exposición permanente de Compostaxe na Casa da Xuventude
O curso de cociña terá aforo limitado. Para anotarse ao curso, enviar correo electrónico a informacion@agrourense.info.