Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito palestino-israelí

Ehud Olmert: "Ou se estabelecen dous estados, ou Israel desaparecerá"

O primeiro ministro advirte da posibilidade de que se está solución non se dá, o país sucumba ante a maioría árabe, tal e como ocorreu coa fin do Apartheid en Suráfrica.

Redacción - 11:51 29/11/2007

"Se chega o día en que fracase a solución dos dous estados, e afrontamos unha loita pola igualdade do dereito a voto ao estilo sudafricano (tamén para os palestinos nos seus territorios), entón, nese momento, o estado de Israel desaparecerá".
O primeiro ministro israelí, Ehud Olmert, fixo estas declaracións ao diario Haaretz a cuarta feira, logo de rematar a xornada da Conferencia de Annapolis en que se chegou a un acordo para tratar de estabelecer a paz na zona antes de 2009.

Olmert afirma na entrevista que Israel viu superadas as súas expectativas no cumio, "mais iso non nos vai librar das dificultades que vai haber nas negociacións, que serán difíciles, complexas, e requirirán dunha grande capacidade de paciencia e sofisticación", sinalou.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: