A conselleira de Vivenda asegura que fai falta espazo para construír máis vivenda protexida.
Teresa Táboas di que se precisa máis vivenda protexida
Parques empresariais para xerar emprego e riqueza e non para especular. Esta é a máxima que defendeu este domingo a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, nunha entrevista concedida á Radio Galega. Táboas garantiu que todos os empresarios que presenten un proxecto con garantías terán chan “con infraestrutura do século XXI”. A conselleira sinalou que o seu departamento non quere que o solo industrial se convirta, como ten sucedido, nun simple negocio para especuladores.
Con respecto ao problema do acceso a unha vivenda, a conselleira nacionalista subliñou que a maioría das familias galegas poden acceder a pisos protexidos porque están destinados a rendas de até 3.500 euros mensuais por unidade familiar. Porén, Táboas dixo que en Galiza “sobran” empersas interesadas na construción de vivenda protexida pero “falta solo”.