Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ROTEIRO LITERARIO POLA LIMIA

Polos camiños de Antón Tovar, Casares e Riveiro Coello

Un grupo de 40 persoas ligadas ao mundo da literatura vidos de Portugal visitarán venres e sábado os lugares da Limia relacionados coas obras destes autores

Redacción - 09:55 23/11/2007

Organizado pola Consellaría de Cultura e Deporte e polo Ministerio de Cultura portugués, o roteiro cultural Espazos Literarios da Limia forma parte dun proxecto de cooperación transfronteiriza para achegar as culturas galega e portuguesa.

O roteiro comezará este venres, percorrendo os lugares que marcaron a obra de Antón Tovar, "o poeta do pesimismo". Ás once da mañá visitarase a súa Casa Museo en Vilar de Santos, para coñecer despois a Casa da Pereira, Sabariz e o Alto do Furriolo, onde se lerán poemas do autor. Pola tarde, visitarase Rairiz de Veiga e o emblemático lugar de Congostro, onde terá lugar unha velada poético-musical a cargo de Anxo Rei e Gomes Mouro.

O sábado será a quenda de Carlos Casares e Antón Riveiro Coello. Ás dez da mañá, na Praza de Xinzo, Celso Sanmartín fará unha lectura dramatizada de 'O galo de Antioquía' e de 'Casas Baratas'. A seguir realizaranse visitas guiadas á Pedra Alta e á Torre da Pena. Finalmente visitaranse As Trandeiras, onde se realizara unha nova lectura dramatizada, nesta ocasión de 'O Monxe de Morgade'.


Documentos

4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: