Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A Limia

RSS de A Limia
LOITO NAS NOSAS LETRAS

Adeus a Antón Tovar, poeta

Antón Tovar Bobillo, considerado por moitos como o poeta máis importante das Letras Galegas do século XX, finou onte en Ourense ós 83 anos de idade como consecuencia dunha afección respiratoria agravada nos últimos días.

- 08:35 17/06/2004
Tags:

Antón Tovar naceu na parroquia de Pereira, no concello de Rairiz de Veiga. Nesta localidade foi obxecto no ano 2001 dunha homenaxe á que acudirón os seus amigos e grande parte de persoeiros da nosa cultura.

Segundo desexo do finado os seus restos serán incinerados esta mesma tarde e depositados no panteón do Cemiterio de San Francisco en Ourense nunha cerimonia civil. No seu concello natal foron declarados tres días de loito oficial.


5/5 (1 votos)