O goberno estatal mantén o compromiso de introducir distintivos autonómicos na identificación dos coches pero non marca datas.
O ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, asegurou este mércores que o seu departamento segue a traballar para conseguir un acordo que introduza distintivos autonómicos nas matrículas dos automóbiles. Segundo Rubalcaba, a tarefa é lenta porque se precisa o consenso das comunidades e dos representantes do sector da automoción.
O ministro que deu explicacións no Senado, a petición de CiU, negou que haxa un problema de “vontade política” e reiterou que se debía a unha falta de consenso. Neste punto sinalou que, ademais do consenso entre as comunidades e o sector automobilístico, hai que buscar fórmulas para que non haxa máis carga de traballo en Tráfico e que á vez o cambio de matrículas non signifique un custe maior para os compradores.