Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Visita institucional ao país norteamericano

Sánchez Piñón salienta a "importancia" que Canadá lle dá ao bilingüismo

A conselleira de Educación subliña que o coñecemento de dúas linguas é "unha estratexia de Estado" para os canadenses.

Redacción - 15:10 17/11/2007
Sánchez Piñón, de visita oficial no Canadá

Sánchez Piñón, de visita oficial no Canadá

A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, que se atopa de viaxe institucional no Canadá, subliñou durante a súa visita ao École Gardin School de Edmonton (Alberta), a "importancia" que este país concede ao bilingüismo, que constitúe "unha estratexia de Estado" para os canadenses.

Segundo sinalou, os habitantes do Canadá aprecian a importancia de ter dúas linguas oficiais, o inglés e o francés, xa que o 73% considera que este feito "constitúe unha parte importante de ser canadense" e o 82% cre que "falar ambas as dúas linguas mellora as oportunidades de emprego e empresariais".

Castelán e galego
Sánchez Piñón afirmou que Galiza "tamén é unha comunidade bilingüe" polo que nas escolas "se adquiren competencias tanto en castelán como en galego", e apuntou que a Administración "ten moi en conta as directrices europeas", que marcan como obxectivo a competencia en dúas linguas estranxeiras ademais das maternas.

A visita da conselleira ao École Gardin School débese a que é o único centro de Canadá que oferta tanto o programa de inmersión lingüística en francés como o bilingüe español-inglés. Este Estado é, ademais, un dos países do mundo con maior gasto público en educación, que ascende ao 8,1% do PIB.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: