O ministro de Interior, que fixo estas declaracións en Bilbao, ve conexións con outras explosións anteriores.
O ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, asegurou este xoves que detrás do atentado contra unha inmobiliaria de Cangas estarían “grupos independentistas radicais”. Nunha comparecencia en Bilbao, subliñou que aínda non se determinou a composición exacta do artefacto pero cre que a explosión pode ter unha relación directa con bombas colocadas nos últimos meses.
A explosión da bomba en Cangas está a ter unha notábel repercusión nos medios de comunicación dixitais galegos e tamén nos de carácter estatal. Até o de agora ninguén reivindicou a autoría do mesmo.