Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Os presuntos "intereses" do alcalde de Xinzo impediríano

Adega descubre que "non hai" zonas en Galiza para declaralas ZEPA

Un dos abandeirados contra a declaración de Zonas de Especial Protección de Aves é o alcalde de Xinzo, Isaac Vila Rodríguez. Pero, que intereses se agochan detrás da súa oposición á Zepa na Limia?

ADEGA - 09:30 11/11/2007

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de escoitar atentamente as interpelacións da señora Deputada no Congreso por Ourense, Ana Belén Vázquez, reclamando do Ministerio de Medio Ambiente que desbote a elección da Limia e escolla outra comarca calquera en Galiza e a declare Zona Zepa. Segundo esta representante os intereses agrícolas e gandeiros da comarca ourensá da Limia serían incompatíbeis coa protección das aves.


Un dos abandeirados contra a declaración de ZEPA é o Alcalde de Xinzo, D. Issac Vila Rodríguez. Pero, que intereses se agochan detrás da súa oposición á zona Zepa na Limia?


Non é ningún descubrimento que o Sr. Vila ten múltiples negocios empresariais. Adega consultou diversos rexistros mercantís para averigüar que moitos deles están relacionados con intereses agrarios e inmobiliarios. Son múltiples as sociedades nas que participa o Alcalde de Xinzo, en calidade de conselleiro delegado, administrador ou ostentando algún cargo directivo. Chama a atención de que moitas sociedades teñen un carácter familiar mercantil, xa que tamén participa, entre outra parentela, o seu fillo, D. Carlos Vila Enríquez.

Despois de rastrexar os rexistros mercantís de Galiza, Adega atrevese a confirmar o titular que encabeza esta nova, “sería imposíbel declarar unha zona ZEPA en ningunha comarca galega con vocación agrícola onde non estivese o domicilio social dalgunha das empresas nas que teña intereses empresariais relacionados coa “fabricación de cereais, plantas, sustancias fertilizantes, praguicidas, animais vivos; fabricación, comercialización, tratamento e distribución de toda clase de produtos derivados ou destinados á agricultura e a gandeiría” o Sr. Vila. Como afirma Adega, as sociedades espállanse por todo o país galego. Algunhas delas; Vilagarcía de Arousa (Sociedad Agrícola Galllega S.L.) Fabricaciones Agrícolas y Fertilizantes S.A. (Pol. Industrial Piadela-Betanzos), Piensos Nanfor S.A. (A Escravitude-Ames) e a xa clásica e coñecida pola que foi condeado a 6 anos de inhabilitación Droguería Agrícola S.A cunha cifra de vendas en 2005 de 2.353.976,96 €

O Alcalde de Xinzo sería o máis perxudicado nunha posíbel restricción ao “uso indiscriminado e irracional” de produtos fitosanitarios e contaminantes na agricultura limiana. A demanda de uso crecente destes produtos pódese comprobar no balance positivo nunha das súas empresas que se adica aos pesticidas e herbicidas; Agrícola Limiana S.L que en 2004 facturaba 213.781, 62 € para pasar aos xa 249.787 € de 2006.

Negocios Inmobiliarios
Unha das facetas empresariais menos coñecidas de D. Issac Vila Rodríguez é o da súa actividade emprendedora nos negocios inmobiliarios. As illas Canarias son un lugar moi apetecíbel para a construción e a promoción inmobiliaria. Colectivos en defensa da natureza de Canarias teñen denunciado que o territorio das illas Canarias atópase en perigo pola ameaza dun urbanismo depredador e consumidor dun espazo limitado e feble. No concello de La Oliva (Las Palmas) teñen a base operativa dúas sociedades inmobiliarias (Inmobiliaria Palmcoast S.L. e Labra S.A., esta última en 2005 facturou a considerábel cifra de 4.120.649,34€, nas que participa en calidade de administrador D. Issac Vila Rodríguez.

Pero o alcalde de Xinzo tamén ten a cidade de Ourense (cidade na que reside) como base das súas operacións de empresario inmobiliario. Alomenos dúas sociedades (Galgit, S.L con domicilio na céntrica Rúa do Paseo ou CASUPI (indicativo curioso nombre social ) S.L. no andar sexto dun edificio da Rúa Valle Inclán.

Adega concorda coa Sr. Deputada, Ana Belén Vázquez, na súa afirmación de que hai outras zonas para declararse ZEPA, mais debido aos intereses empresariais do Sr. Vila, non habería un espazo a salvagarda e a súa señoría non ser atreveu a facer ningunha suxestión. Adega, no ánimo de facer unha política propositiva quere suxerirlle que se declare “El Valle de Los Caídos” zona Zepa, pola ameaza de desaparición de “El Aguilucho Cenizo” en aplicación Lei da Memoria Histórica


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: