O "colectivo antirrepresivo" Ceivar vén de informar que este mércores o preso galego Uxío Caamaño, detido en Compostela o pasado mes de xullo pola colocación dun artefacto explosivo nunha sucursal bancaria, foi agredido por funcionarios da prisión madrileña de Soto del Real cando trataban de levalo ao módulo de isolamento. Na orixe do suceso estaría a negativa do mozo a volver ao seu cuarto logo do tempo no patio coma "parte da dinámica reivindicativa que varios presos levan adiante para conseguir partillar as suas celas unicamente com presos políticos". O colectivo denuncia a "impunidade represiva das prisións" e pide que os dous mozos detidos en Santiago sexan trasladados a unha prisión galega. Poden ampliar na web de Ceivar