Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Por primeira vez na historia

A selección feminina de fútbol debutará contra Cataluña en Balaídos

No mesmo lugar e día en que a selección masculina se enfronta a Camerún.

Redacción - 14:06 07/11/2007

Ámbolos dous equipos han xogar o mesmo día, o 27 de decembro en Balaídos. As horas aínda están no aire, xa que os partidos serán retransmitidos pola Galega.

A loita pola igualdade no deporte: créase a selección feminina de fútbol
A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, que estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de fútbol, Carlos Meana, destacou que coa creación da selección galega feminina de fútbol estase a avanzar, un paso máis, nas políticas de igualdade e integración que desenvolven dende o Deporte Galego.

Coa creación desta nova selección feminina (que se une ás xa existentes seleccións de balonmán e baloncesto), a Dirección Xeral segue a avanzar no seu proxecto de creación e apoio ás seleccións nacionais galegas.

En canto ás xogadoras, dende Deporte destacaron que hai deportistas de gran calidade no fútbol galego feminino, moitas delas xogando na Superliga, en equipos de fóra de Galiza.

Tamén se falou da seleccionadora, que será tamén unha muller, estanse barallando algúns nomes e dende Deporte xa se puxeron en contacto con algunha técnica galega para que poida dirixir ao novo combinado nacional.

Un rival de calidade para a selección masculina
Como xa adiantabamos, a selección rival dos galegos será a de Camerún. O contrato aínda está por fechar, polo que non se sabe que xogadores se han enfrontar ao combinado galego.

Mais o que si se sabe é que o equipo africano vén a Galiza a preparar os partidos da Copa das Nacións Africanas (depois do partido hanse concentrar en Tenerife), un torneo moi importante para eles, polo que seguramente han viaxar cos seus mellores xogadores.


4,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: