No mediodía desta cuarta feira confirmarase oficialmente que a nosa próxima selección rival será a camerunesa.
Aínda que dende un primeiro momento era o combinado que case tiña todos os boletos e así llo adiantabamos. As negociacións fóronse alongando porque a Dirección Xeral para o Deporte quería asegurar a presenza no partido dos xogadores máis destacados da selección africana.
Finalmente, no mediodía da cuarta feira a directora xeral, Marta Souto, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, darán oficialmente o nome do combinado que se enfrontará a Galiza.
O que non se sabe con certeza é que xogadores van estar no equipo rival. Está confirmada a data do partido, que será o 27 de decembro en Balaídos.