Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
É un mozo cántabro de 25 anos

Chega a cuarta fichaxe do Karpin Galicia para o 2008

Alberto Fernández Sainz convértese na cuarta fichaxe do KGZ para a tempada 2008. O corredor militou na última tempada no Supermercados Froiz.

Redacción - 11:17 30/10/2007

Alberto Fernández Sainz é o seguinte ciclista amador que o KGZ fichou para esta tempada. Destaca pola súa regularidade e por unhas excelentes prestacións na montaña, que o levaron á vitoria absoluta na Bira 2007 (Volta a Biscaia), unha das probas por etapas de máis prestixio do calendario estatal.

No palmarés do novo reforzo do KGZ figura tamén un segundo posto na Volta a Galiza do 2005, cando formaba parte do equipo Camargo-Roper.

As fichaxes deste ano do KGZ
A súa fichaxe súmase ás dos galegos Alejandro Paleo, Delio Fernández e Jesús Cobelo, que cubren as cinco baixas producidas no cadro de ciclistas que completou a tempada 2007, primeira do equipo galego no pelotón profesional.

Este novo reforzo fala dunha aposta de renovación, con ciclistas sen experiencia no campo profesional, pero ao mesmo tempo cunha traxectoria deportiva o suficientemente ampla como para que non necesiten un longo período de adaptación á nova categoría: ciclistas que, ao tempo, viñan solicitando con insistencia unha oportunidade.

Fernández Sainz é fillo de Alberto Fernández, líder do equipo Zor (no que coincidira con Álvaro Pino e Faustino Rupérez, entre outros ciclistas da época), falecido nun accidente de estrada en 1984, cando regresaba de recoller un dos moitos premios que lle concederan aquel ano, no que rematara a Vuelta a España en segunda posición, a 6 segundos do francés Eric Caritoux.


4/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: