Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Dous novos ciclistas porán o ano que vén a camisola do KGZ

O Karpin Galicia anunciou na sexta feira dúas altas e cinco baixas para a próxima tempada. Esta non é aínda a decisión definitiva da directiva do equipo profesional galego.

Redacción - 14:05 05/10/2007
Xa se sabe o nome de dous ciclistas que van correr co KGZ

Xa se sabe o nome de dous ciclistas que van correr co KGZ

As baixas son Luís Fernández Oliveira, Enrique Salgueiro, Santos González, Isidro Nozal e Gaizka Lasa.

As altas corresponden aos ciclistas amateur Delio Fernández, -procedente do Caja Rural-, e Alejandro Paleo, -do GD Froiz. O corredor ruso Eduard Vorganov, que chegou cun ano de contrato, renovou tamén por unha tempada máis.

Os novos ciclistas do KGZ
Delio Fernández é natural de Moaña e ten 21 anos. Alejandro Paleo vai cumplir 26 anos dentro duns días e é de Viveiro. Paleo vai ser o primeiro corredor lucense en entrar a formar parte do Karpin Galicia.

O equipo galego tivo en nómina no 2007 19 ciclistas e as previsións para a próxima tempada queren igualar o número de compoñentes, polo que o capítulo de fichaxes non está aínda pechado.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: