"Non tivo inconvinte en usar unha casa ilegal", apóñenlle os populares á conselleira de Política Territorial, achegando imaxes do chalé onde presuntamente pasou o verán María Xosé Caride.
"Malia que ela mesma foi artífice da Lei do Litoral que prohibe edificar a menos de 500 metros da costa non tivo inconveniente en utilizar unha casa ilegal no concello con maior indisciplina urbanística", denunciaban desde o PPdeG este luns, achegando unha escolma de fotos da vivenda de Camariñas onde acusan de pasar as vacacións á conselleira de Política Territorial.
"É absolutamente ilegal e está nunha zona incluída en Rede Natura", sinalan os populares, lembrando que eles mesmos xa denunciaran que a piscina deste chalé, onde María Xosé Caride pasou uns días a finais do mes de agosto, "encheuna de auga o camión de bombeiros do Concello". "Está no lugar de Reira, moi preto do faro", din desde o PPdeG, acusando a Camariñas, gobernado polo PSdeG, de ser "un dos concellos con maior indisciplina urbanística".