Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Celebración institucional en Ribadeo e Castropol

Centos de persoas, na presentación da Reserva do Eo, Oscos e Burón

A Xunta agarda que este recoñecemento por parte da Unesco favoreza o desenvolvemento económico e social da zona, onde viven unhas 35.000 persoas.

Redacción - 14:30 20/10/2007
O Río Eo ao seu paso por San Tirso de Abres / Foto: DavidGorgojo

O Río Eo ao seu paso por San Tirso de Abres / Foto: DavidGorgojo

Varios centos de persoas desprazáronse este sábado até a localidade de Castropol (Eo-Navia) para participar nos actos de celebración da designación, hai pouco máis dun mes, da zona do Río Eo, Os Oscos e Terras de Burón como Reserva Mundial da Biosfera pola Unesco.

O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, preside os actos xunto co titular da Comunidade Autónoma de Asturias, Vicente Álvarez Areces. As dúas delegacións déronse cita primeiro en Ribadeo (A Mariña Oriental), e posteriormente en Castropol para celebrar o recoñecemento co que esperan favorecer o desenvolvemento económico e social da zona, onde viven unha 35.000 persoas.

Areces e Touriño atopáronse en metade da ría do Ribadeo, na liña que divide os concellos de ambas as dúas beiras, á que chegaron en sendas embarcacións que saíron ao mediodía dos portos de Castropol e Ribadeo.

Tras un breve acto na vila occidental, ambos os dous presidentes regresaron en autobús até á beira oriental, onde estaba previsto que tivese lugar o acto central, coas intervencións do alcalde de Castropol, Xosé Anxo Pérez García, e mais de Touriño e de Areces.

Ademais do acto político, Castropol acolle hoxe un mercado tradicional en que se trata de reflectir a vida das comarcas veciñas a principios do século pasado.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: