Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Douro pode ser Reserva da Biosfera

Segundo unha noticia publicada no xornal Público, o Instituto de Conservação da Natureza de Portugal vai propor á UNESCO a declaración do Parque Natural do Douro Internacional (PNDI) como Reserva da Biosfera. Este Parque, declarado en 1998, abrange o tramo fronteirizo do río Douro, incluíndo o seu val e os planaltos que confinan con el.

- 18:47 24/08/2000
Tags:

O PNDI foi clasificado como Zona Especial de Protección para as Aves (ZEPA) ao abeiro da Directiva Aves e formará parte da Rede Natura 2000, a futura rede europea de espazos protexidos. Salienta pola espectacular paisaxe do profundo cañón do río Douro, pola diversidade dos seus hábitas (fluvial, lameiros, aciñeirais,...) e por constituír unha área de grande importancia para a avifauna rupícola (cegoña negra, voitre branco, voitre común, águia real, águia de Bonelli,...).

No ano 1997, foron censadas, no tocante ás aves rupícolas, 15 parellas de cegoña negra, 72 de voitre branco, 307 de voitre común, 18 de águias reais, 14 de águias de Bonelli e oito de falcón peregrinos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: