Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
DOS BORBÓNS E TAMÉN DE CAROD-ROVIRA E DE IBARRETXE

Día da Hispanidade da queima de fotos

Queiman retratos dos dez reis Borbóns nunha manifestación independentista en Lleida e en Barcelona arde a imaxe de Carod-Rovira nun acto da Hispanidade.

Xabier Paradelo - 15:00 13/10/2007

Os actos na capital ilerdense conmemoraban os 300 anos da toma de cidade por parte das tropas borbónicas de Filipe V en 1707, dentro da campaña reivindicativa 300 d'ocupació, 300 anys de resistència da organización independentista Candidatures d’Unitat Popular (CUP). A manifestación, na que participaron unhas 2.500 persoas, finalizou coa queima dos retratos dos dez monarcas borbóns españois.

Doutro lado, a Plataforma Adelante Catalunya xuntaba no castelo de Montjuïc de Barcelona unhas 300 personas nun acto de celebración do Día da Hispanidade. Ao final do acto, uns trinta mozos queimaron fotografías do vicepresident Carod-Rovira e cantaron o Cara al Sol mentres esnaquizaban unha senyera.

En València, na manifestación de extrema dereita convocada por España 2000, os organizadores repartiron fotos de Carod-Rovira e do lehendakari Ibarretxe consímbolos de ETA e o 666 na fronte. As imaxes foron queimadas polos asistentes.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: