A organización nacionalista resalta que os conservadores impulsan oficinas propias para “torpedear” o traballo e Vicepresidencia.
O secretario de Política Municipal do Bloque, Roberto Mera, asegurou este venres que o PPdeG está intentando crear oficinas paralelas sobre a Lei de Dependencia de Galiza para tecer unha rede “clientelar e caciquil” nos concellos que goberna. Mera sostén que os conservadores queren “xerar confusión e caos” e entorpecer o traballo que está a desenvolver a Vicepresidencia.
Por isto, o BNG fai un chamamento aos usuarios para aclarar que só as oficinas da Xunta garanten información “clara e veraz” sobre as medidas da Lei de Dependencia. Mera pídelle “responsabilidade” ao PPdeG para que termine con estas prácticas de enfrentamento co Goberno.