Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Condena explícita da ditadura

Máis de trinta anos despois o Congreso fará valer a "memoria histórica"

As negociacións entre os grupos parlamentarios conseguiron que esta semana se constitúa a ponencia do proxecto lexislativo coa fin de aprobar a lei antes da fin da lexislatura.

Redacción - 09:00 09/10/2007

Hai máis dun ano que o proxecto de lei sobre a memoria histórica chegou ao Congreso. Un punto de inflexión decisivo no relato da democracia do Estado español que daquela semellaba que podería tramitarse con axilidade na Cámara baixa, onde alén da pechada oposición do PP, contaba coa simpatía do resto das formacións políticas.

Pero as circunstancias da actualidade e os detalles do texto complicaron o debate, adiado durante máis de medio ano, e recuperado con éxito nas últimas semanas. O diálogo parlamentario destes días deu en sucesivos acordos do PSOE con BNG, CiU, PNV, Chunta Aragonesista e IU-ICV. Quedou fóra do acordo ERC.

A nova norma fixa unha condena explícita e firme do franquismo e subliña a ilexitimidade das decisións de diversas institucións e tribunais da ditadura. Por outra parte, estabelece o compromiso de ir alén do papel e impulsar políticas públicas activas en favor da recuperación da memoria histórica.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: