Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Anuncio de Pérez Touriño en Bos Aires

Os netos de emigrantes conseguirán a cidadanía antes das eleccións xerais

A reforma do Código Civil estará lista antes de que remate o ano, de xeito que en pouco tempo se elevaría a case medio millón de electores o número de persoas inscritas no censo de residentes ausentes.

      Redacción - 09:00 08/10/2007

      O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, fixo o anuncio durante un acto coa diáspora galega en Bos Aires ao que asistiron arredor de 1.500 persoas. Aló, o presidente explicou que o dereito á nacionalidade se estendería a todos os netos de emigrantes "antes de final de ano", permitíndolles "beneficiárense de todos os dereitos derivados desta condición". "Isto pasa porque hai un goberno e un presidente español que, xunto comigo, é sensíbel a esa demanda", afirmou Touriño na súa intervención.

      "Os netos farán posíbel que Galiza non morra nunca en Arxentina", comentou Pérez Touriño, salientando o valor da incorporación da mocidade ao movemento asociativo da diáspora. De paso, avanzou que a Lei de Galeguidade que tamén antes de que finalice o ano está previsto presentar no Parlamento, servirá para potenciar a participación dos emigrantes na rede asociativa potenciada pola Xunta e "daralle por primeira vez representación a todos nos órganos da emigración". Isto vaise reflectir no outorgamento de voz e voto no Consello Galego Exterior. Segundo Touriño rematou "a época na que alguén pretendía, probablemente de boa fe, traficar coas necesidades da xente".


      2,75/5 (4 votos)


      Sen comentarios

      Novo comentario

      É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

      Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: