Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XESTIÓN DOS RECURSOS PÚBLICOS

O Concello de Ourense estuda levar ao xulgado o anterior goberno por emitir facturas sen crédito

Socialistas e nacionalistas descubriron unha débeda pendente de máis de 742.000 euros.

Redacción - 11:00 04/10/2007

O anterior executivo popular aproveitou as últimas semanas no consistorio para emitir facturas sen crédito orzamentario. Isto é o que denuncia o actual goberno, composto por socialistas e nacionalistas. Dende o Concello de Ourense subliñan que ista práctica deixou unha débeda pendente de 742.162 euros.

O concelleiro de Economía e Facenda, Agustín Fernández, anunciou este mércores que o goberno local vaille encargar un estudo aos seus servizos xurídicos para ver se puido producirse algún tipo de delito.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: