Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
QUEIMAN FOTOS DO REI EN MANRESA E LLEIDA

Manifestación en Barcelona pola liberdade de expresión

A marcha convocada para o sábado encol da liberdade de expresión e de manifestación foi reprimida pola policía autonómica.

Xabier Paradelo - 15:30 30/09/2007

O acto, no que participaron preto de 2000 persoas, fora convocado por colectivos antirepresión como Alerta Solidària. Nos manifestos previos interviñeron Jaume Roura, imputado pola queima de fotos do rei en Xirona, persoas do entorno de Núria Pòrtulas e outras persoas implicadas en casos de represión. Os Mossos d'Esquadra cargaron contra os manifestantes cando estes tentaron dirixirse á praza Sant Jaume. Porén, un pequeno grupo conseguiu chegar diante da Generalitat e ler un manifesto.

Paralelamente, en protestas antimonárquicas convocadas onte en Manresa e Lleida e ás que asistiron medio cento de persoas en cada vila, repetíronse as escenas de queima de fotos do rei que xa se deran en Xirona e Molins de Rei. Tamén na facultade de Física da Universidade de Barcelona, onde se fixo onte unha concentración de apoio á Enric Stern, catro persoas queimaron unha imaxe do monarca. O mozo, que comparecía hoxe ante o xuíz da Audiencia Nacional Grande-Marlaska, quedou en liberdade con cargos.

O xuíz, que obrigou ao fotógrafo Jordi Ribot a entregarlle as fotos da manifestación antimonárquica de Xirona, xa citara o venres a declarar a nove persoas identificadas pola policía como presuntos autores da queima de fotos do rei. O reporteiro gráfico recibiu o apoio do Colexio de Xornalistas de Barcelona e do Grup de Periodistes Ramon Barnils.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: