Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Símbolos da ditadura

O concello de Ferrol xa non ten escudo franquista

No seu lugar instalarase unha vidreira co brasón da cidade.

Redacción - 13:22 28/09/2007

A vidreira co escudo franquista que levaba 54 anos no concello de Ferrol xa é historia. Este xoves retirouse definitivamente, cumprindo coa decisión plenaria de hai un mes. No seu lugar, instalarase un vidro co escudo da cidade, en substitución do emblema fascista. Provisionalmente, a fiestra mantense sen debuxo.

A medida responde á decisión do goberno municipal de retirar os símbolos da ditadura, que comezou pola retirada do escudo da biblioteca da Praza de España e continuará coa cruz dos caídos de Amboaxe.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: