Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUE A GUERRA DE SÍMBOLOS

Multan un alto cargo da Generalitat por levar o 'CAT' na matrícula

Rafael Niubò teima en seguir cubrindo o 'E', malia que o seu coche pode ser inmobilizado

Redacción - 10:54 25/09/2007
Rafael Niubò / Foto: Racocatala

Rafael Niubò / Foto: Racocatala

Noventa euros por levar un distintivo de 'CAT' sobre o 'E' da matrícula do seu automóbil. Esta é a multa imposta pola Guardia Urbana de Barcelona ao secretario xeral da Vicepresidencia da Generalitat, Rafael Niubò.

Niubò, membro de Esquerra Republicana, anunciou este martes na prensa a súa intención de recorrer a sanción. É máis, o mandatario asegura que vai seguir levando o distintivo catalán por riba do español.

Que pasará cos condutores galegos?

Segundo informou Nubiò aos medios, o Servei Catalá de Transit advertiulle que poden inmobilizarlle o vehículo de continuar infrinxindo a norma. "Pensaba que neste tema non tiñas problema algún para levar o CAT, alomenos en Cataluña", declarou o político segundo o xornal Avui.

O certo é que a Lei establece que o distintivo 'E' non pode ser cuberto con outro. Malia isto, na Galiza tamén hai algúns condutores que pegaron o distintivo 'GZ' sobre o indentificador estatal nas súas matrículas.


4,56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: