Gran Bretaña e Alemania serán os primeiros en vender o antitumoral de orixe mariña desenvolvido por Pharmamar, filial do grupo galego.
A Comisión Europea outorgou na quinta feira a autorización a PharmaMar, biofarmacéutica filial do grupo Zeltia, para comercializar o anticanceríxeno Yondelis na UE, segundo informou de mañá a compañía galega á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
PharmaMar prevé cubrir o 75% do mercado potencial do Yondelis, para os casos de sarcoma de tecidos brandos, nos primeiros doce meses. Probabelmente se comece a vender antes no Reino Unido e Alemania, onde a empresa galega non ten que negociar o prezo do medicamento co goberno. A compañía agarda ter o medicamento nas farmacias destes dous países este mesmo outono.
A noticia da autorización tivo un rápido efecto na bolsa, onde a compañía estaba tendo fortes subidas a primeira hora da mañá.