Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A XERARQUÍA ECLESIÁSTICA E A POLÍTICA

O bispo de Mondoñedo-Ferrol advirte dos "perigos do nacionalismo"

"Hai que ter moito coidado con el", dixo Manuel Sánchez Monge en declaracións á prensa.

Redacción / Europa Press - 12:25 19/09/2007
Manuel Sánchez Monge

Manuel Sánchez Monge

O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Manuel Sánchez Monge, advertiu este martes dos "perigos dos nacionalismos", e recomendoulle ao goberno español "formular ben" as súas relacións con este tipo de liñas ideolóxicas co fin de evitar "excesos" como os vividos hai anos na antiga Iugoslavia e en Alemaña, que "conduzan a unha convivencia non plural".

Sánchez Monge insistiu en que o Executivo estatal "ten moitas cousas nas que cambiar". "O goberno viu que as cousas son moito máis complexas", aseverou e recordou que, tras o "pretendido diálogo" cos terroristas, "hai que estar moi atentos aos perigos dos nacionalismos". "Hai que ter moito coidado con el", recalcou Sánchez Monge.

Os bispos galegos, salvo o da diocese de Lugo, que se atopa enfermo e enviou ao vicario de pastoral na súa representación, reuníronse este martes cunha trintena de relixiosos en Poio (Pontevedra) para estudar o documento publicado o 23 de novembro do ano pasado, centrado nas orientacións morais no Estado español. A xornada estivo organizada pola Confederación de Relixiosos de Galiza.


2/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: