Magdalena Álvarez, asegurou que a variante de Cerdedo sairá a exposición este mes.
Álvarez reitera que se cumprirán os prazos
A ministra española de Fomento, Magdalena Álvarez, aproveitou este martes unha visita ao noso país para volver prometer que o tren de alta velocidade chegará a Galiza en 2012. Álvarez visitou as obras que se están a acometer entre Santiago e Ourense e xa en Lalín anunciou que agarda que este mesmo mes saia a información pública o estudo da variante de Cerdedo. Cabe lembrar que a pasada semana o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, advertiu da urxencia deste trámite administrativo.
Diante das preguntas dos xornalistas, a ministra española subliñou que “máis do 50% da plataforma” do AVE entre Santiago e Ourense está xa executada e todo o traxecto está en obras agás os accesos ás dúas cidades. Álvarez non quixo dar unha data exacta para a conclusión do tramo Santiago-Ourense.