O presidente do goberno español coida que o permiso de paternidade pode ampliarse a 30 días.
O presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, aproveitou este domingo un mitin en León para anunciar unha nova suba nas pensións mínimas. Zapatero garantiu que para 2008 estas volverán subir o dobre da media.
Os apuntamentos sobre política social abren a precampaña para as eleccións estatais, previstas para o vindeiro mes de marzo. Outra das promesas “estrelas” é a de aumentar, ao longo da vindeira lexislatura, até 30 días o permiso por paternidade.