A
Vuelta Ciclista a España comeza, despois de once anos, no noso país. As tres primeiras tiradas desenvolveranse polo noso territorio. A primeira, que comeza pouco despois da unha da tarde do sábado, terá saída e chegada en Vigo e unha extensión de 153,4 quilómetros.
Ademais de ser escenario da competición, Galiza está representada por un equipo, o
Karpin Galicia, e seis deportistas: Ezequiel Mosquera, Gustavo Domínguez, Serafín Martínez, David García e Gustavo Veloso, e un dos favoritos, Óscar Pereiro, no cadro do
Caisse d’Epargne.