Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

O Karpin Galicia irá de convidado á 'Vuelta 2007'

O equipo profesional galego vai participar na competición, que este ano parte de Galiza, e ten tres etapas no noso país.

Redacción - 12:29 21/06/2007

O Karpin Galicia puido ver cumprido un dos grandes obxectivos que se puxera a si mesmo ao comezo de tempada: vai participar na edición deste ano da Vuelta a España, que ademais sae de Vigo o 1 de setembro.

A Vuelta vai ter en Galiza, ademais da de saída, outras dúas etapas: unha entre Allariz e Santiago e unha terceira entre Viveiro e a localidade asturiana de Luarca. A volta terminará, logo de trece etapas, en Madrid o vindeiro 23 de setembro.

A empresa organizadora da rolda española, Unipublic, cursou ao equipo profesional galego unha das tres invitacións que concedeu. As outras dúas foron asignadas aos equipos Astana, que conta con Vinokourov, gañador da pasada edición; e ao Andalucía-Cajasur.

O Karpin Galicia e mailos outros dous equipos únense aos dezaoito que tiñan xa praza fixa: AG2R, Bouygues Telecom, Caisse d'Epargne, Cofidis, Credit Agricole, Discovery Channel, Euskaltel Euskadi, Française deas Jeux, Gerolsteiner, Lampre, Liquigas, Predictor Lotto, Quickstep, Rabobank, Saunier Duval, T Mobile, CSC e Milram.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: