CC.OO. acusa á Xunta de montar unha campaña de privatización en servizos públicos como a loita contra o lume e a asistencia social
Foto: Augas de Galicia
Comisións Obreiras critica a "privatización encuberta" da inspección dos leitos fluviais da Xunta. A Consellería de Medio Ambiente sacou este mes un concurso, por un valor de case 3 millóns de euros, para que unha empresa privada se faga cargo desta tarefa.
O sindicato cree que se trata dun "acto ilegal de cesión de funcións propias reservadas ao Executivo autonómico". Na súa opinión tarefas como a inspección, a sanción, a limpeza e a conservación dos ríos non pode ficar en mans privadas.
Estas críticas únense ás de ADEGA, que onte arremeteu contra o control dos vertidos das piscifactorías do país.
"Que interveña Touriño"
Comisións acusa ao bipartito de estar promovendo unha política de privatizacións "en contra do comprometido no proceso de diálogo social". Como exemplos pon a recente privatización dos servizos públicos de loita contra incendios -xestionados mediante SEAGA-, as galescolas e dos servizos sociais -a través de SOGASERSO.
Ante esta situación, pide a intervención de Touriño e anuncia unha campaña a prol dos servizos públicos a partir de setembro.