Un preso é transferido a Granada e outro pasa a un módulo de primeiro grao despois de tres días sen comer
Goio Escudero
O colectivo Ceivar informa que dous presos vascos acaban de abandonar unha folga de fame que comezaran o 13 de agosto en Teixeiro con carácter indefinido.
Sen embargo, tras tres días de protesta os condenados lograron un dos seus obxectivos, saír do módulo de illamento no que estaban encerrados no penal lugués, e abandonaron a protesta.
Goio Escudero foi trasladado a un cárcere de Granada mentres que Íñigo Guridi conseguiu ingresar no módulo de primeiro grao do cárcere de Teixeiro.
Os presos levaban catro e cinco anos respectivamente no módulo de illamento do centro penitenciario. Escudero cumpre unha condena por colaborar no asasinato dun edil do PP en Zarauz, mentres que Guridi foi condenado por matar ao xornalista López de Lacalle.