Nunha decisión que desafía a estratexia do PSOE, a comisión executiva dos socialistas navarros acordou darlle a beizón á formación dun goberno de esquerda.
Cando Nafarroa xa parecía destinada a pasar outros catro anos gobernada polo PP, aló baixo as siglas da Unión del Pueblo Navarro, UPN, este mércores produciuse unha importante viraxe no escenario político.
A executiva do Partido Socialista en Navarra, PSN, que até o de agora apandara coas recomendacións da dirección socialista en Madrid, decidiu por unanimidade darlle a beizón á "posíbel formación dun goberno de cambio, convivencia e progreso" no que entrarían Nafarroa Bai e Izquierda Unida (Nafarroako Ezker Batua). A decisión chegaría despois de que nos últimos días continuasen os contactos entre estas formacións para definir os detalles do posíbel goberno conxunto.
Máis información, en Gara: O PSN confía en que Ferraz avale o seu novo xiro negociador
no Diario de Navarra: O PSN desafía a dirección do PSOE e pacta con Na-Bai e IU