A organización Etxerat ten convocada unha manifestación por varias praias da costa vasca para reclamar o achegamento dos presos políticos a Euskadi.
Como cada ano, dende Etxerat, teñen convocada unha nova marcha en todas as praias vascas, que se vai desenvolver o vindeiro domingo 5 de agosto polos areais de toda a costa vasca.
Esta manifestación celébrase todos os anos polo verán, e reúne a varias persoas que reclaman nas praias, o respecto aos dereitos dos presos de Euskadi, e o seu recoñecemento como presos políticos. Cada ano por estas datas, milleiros de persoas informan aos bañistas da situación na que viven os presos vascos e os seus familiares, abondo afastada das tradicionais vacacións, con dispersión, illamento, exilio, centos de quilómetros por estrada, accidentes...
Esta ano volveranse xuntar no domingo, nos concorridos areais de Lapurdi, Gipúscoa e Biscaia.