Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Contra o aprobado polo Consello da Xunta

O PPdeG cualifica de "sociocaciquil" a estratexia de acción exterior de Galiza

Denunciou que se orienta a "clientelizar" o voto emigrante, ao non abrírense delegacións da Xunta en ningún dos países cos que hai relacións comerciais.

Redacción - 10:30 28/07/2007

Nunha conferencia de prensa, o voceiro de Acción Exterior do Grupo Popular, Enrique López Veiga, recordou que os principais países aos que exporta Galiza son Francia, Portugal e Italia, mais “Arxentina queda bastante lonxe", referíndose ao primeiro país que acolle unha delegación exterior da Xunta, como foi aprobado no Consello da Xunta deste xoves.

O voceiro popular afirmou que o PPdeG "sempre defendeu e practicou" a política exterior, durante os seus 16 anos de goberno, mais as últimas medidas propostas pola Xunta parécenlle “fume electoralista". Malia considerar "novidosa" a estratexia de acción exterior do Goberno galego, cuestiona o peso das relacións económicas nos criterios de acción da Xunta. Para a súa idea, o que se busca é "coidar no posible os electores emigrantes co obxecto de clientelizar" o seu voto.

Aludiu tamén á difícil sustentabilidade económica da creación e mantemento desta rede de delegacións, e instou ou Goberno a remitir o Libro Branco de Acción Exterior da Xunta e ao presidente Emilio Pérez Touriño a comparecer na Cámara para explicar os obxectivos da rede.

Sobre o conflito en Puerto Deseado

López Veiga asegura tamén que é falso que exista un compromiso do Goberno arxentino de que resarciría as catro empresas galegas prexudicadas pola folga en Puerto Deseado, no Sur da Arxentina.

Anunciou que o grupo parlamentario do PPdeG vai demandar que se lle entreguen os documentos e compromisos por escrito, e lamentou que non se producisen xestións de Pérez Touriño aproveitando a visita a España da senadora e candidata á presidencia da Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner.

Esixiu ademais que os conselleiros de Pesca e Industria, Carmen Gallego e Fernando Blanco, respectivamente, se despracen "inmediatamente" á Arxentina, porque "o problema aínda non está solucionado".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: