Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
“Futuro negro na xestión de residuos de Galiza”

O plasma tamén é incineración, a incineración non é valorización

Ante as diversas declaracións dende distintos sectores da administración, anunciando proxectos de tratamento e xestión de residuos baseados na tecnoloxía de plasma, como o das Somozas, a incluir na redacción do Plan Xeral de Xestión de Residuos de Galicia, os colectivos ecoloxistas Amigos da Terra, Coto do Frade, Federación Ecoloxista Galega, Ridimoas, Verdegaia e ADEGA, queremos lembrar que estas denominadas “novas tecnoloxías”, seguen a ser consideradas, pola lexislación estatal e europea, procesos de incineración e, á vista da xurisprudencia europea, a incineración nunca pode ser considerada como un proceso de valorización.

Coto do Frade, Ridimoas, Verdegaia, Amigos da Terra, ADEGA, Federación ecoloxista galega - 13:18 27/07/2007

Aínda que se vende como un avance tecnolóxico, o Real Decreto 653/2003 de 30 de maio sobre incineración de residuos, que traspón a Directiva 2000/76/CE de 4 de decembro de 2000 sobre incineración, considera que “a pirólise, a gasificación e outros procesos de tratamento térmico como por exemplo o plasma, na medida en que as sustancias resultantes de tratamento se incineran a continuación, son consideradas instalacións de incineración”.

Ademais, segundo a sentencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea e o proceso   C-458/00, a incineración de Residuos en plantas inicineradoras non pode ser considerada como procesos de valorización se o seu obxectivo principal e a recuperación de enerxía a partir da incineración de residuos.

De acordo con isto, Galiza seguiría incumplindo nos vindeiro anos a xerarquía europeae as directivas europeas en materia de redución de residuos, xa que se estaría primando o tratamento finalista en detrimento do tratamento na orixe de residuos.

Os colectivos abaixo asinantes apostamos por un futuro na que a xestión do lixo se basee na redución.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: