Anunciamos a web do Club Internacional de Prensa, e adiantabamos que este luns habíamos dispor dunha nova: trátase do blog do Simposio Internacional sobre Pobreza e Desigualdade no Mundo.
O espazo www.pobremundorico.org nace con formato de blog para se constituír como plataforma de expresión aberta á comunidade internacional de fala hispana e lusófona. Non só se tenta difundir o evento, senón tamén promover a participación e facer que a cidadanía opine, propoña, e achegue contribucións.
Este simposio está a xerar unha grande expectativa non só en Galiza, senón tamén en América Latina (Brasil, Arxentina, Nicaragua, Bolivia...) O Simposio, que terá lugar en outubro e novembro en varias cidades galegas, está organizado polo Club Internacional de Prensa -da Secretaría Xeral de Comunicación-, e conta coa colaboración de Obra Social Caixanova, a Dirección Xeral de Cooperación Exterior, e as Universidades de Compostela e Vigo.