Nela podemos consultar tanto as conferencias de prensa e actos que organiza o Club como as actividades que desenvolven outras entidades nas súas instalacións.
Para responderen a unha demanda do seu público, o Club Internacional de Prensa estrea na rede a súa propia web, www.clubinternacionaldeprensa.org. Neste espazo tanto os profesionais da comunicación como toda a xente interesada na programación do C.I.P., poderá consultar todo o referente á mesma.
Ao tempo, o Club inicia a campaña de difusión do Simposio Internacional sobre Pobreza e Desigualdade no Mundo Pobre Mundo Rico, que organiza o Club Internacional de Prensa (dependente da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta), e no que colaboran a Obra Social Caixanova, a Dirección Xeral de Cooperación Exterior, e as universidades de Compostela e Vigo.
Nesta liña, non ha tardar en estrearse o blog específico do Simposio Internacional, que terá acceso á páxina oficial do C.I.P. e ligazóns coas distintas institucións, organizacións, asociacións e entidades que colaboran ou participan no Programa do Simposio.